A Xunta de Galicia xa fixo pública a aplicación AsisT.gal, unha ferramenta que fomenta o autocuidado e a autonomía persoal. En realidade, consiste nun rexistro do estado de saúde do usuario mediante o control de datos como a localización, recordatorios de medicación ou o ritmo cardíaco. A vantaxe é que, ademais, permite asignar coidadores e coidados para que sempre estean conectados e desta forma practiquen o coidado mutuo.
Trátase dunha app desenvolvida por Indra en colaboración coa Xunta, e na que tamén participou ATEGAL. Os propios alumnos e alumnas das Aulas foron quen testearon en primeiro lugar todo o sistema para comprobar a súa usabilidade e detectar os posibles fallos.
Unha forma ideal de conectar proxectos tecnolóxicos co público sénior e que é o exemplo perfecto de innovación social. Este tipo de sinerxias levan anos formándose no marco do programa #SeniorLab de ATEGAL. Un espazo no que os socios e as socias experimentan e gozan deste tipo de iniciativas, á vez que axudan a mellorar os futuros produtos.
Así o narran no Telexornal da TVG