Majo Villar leva máis de 30 anos nas nosas aulas de Vigo. Chegou para dar clases de pintura, e agora que se xubilou non é capaz de desvincularse de ATEGAL.
Representa á perfección o concepto de familia que temos. Ao principio sentía ás súas alumnas e alumnos como as súas propias avoas e avós. Agora, di, ten unha relación máis parecida á dunha nai ou un pai coa súa filla. E, asegura, chegará o momento no que sente entre irmás e irmáns.
Aquí un pequeno repaso a como foi a súa vida nas aulas, e tamén fóra delas. Este xoves, Majo Villar tómase Un Café con Eva Millán en Radio Voz.