ATEGAL colabora co taller teórico-práctico en liña denominado “ALI-MENTE, da alimentación á nutrición” organizado por Cruz Vermella en Galicia no marco da atención a persoas coidadoras.
Impartiuno Estefanía Zardoya, médico de Atención Primaria e coach en nutrición. Participaron 32 persoas e tivo unha duración dunha hora e media.
Os obxectivos principais foron:
· Tomar consciencia sobre como é o proceso da nutrición: Do pensamento ao hábito. Pasar de vivir para comer a comer para vivir.
· Ver a relación entre a alimentación e a enerxía vital.
· Reflexionar sobre a avalancha de coñecemento en nutrición: Proporcionar puntos crave con evidencia científica.
· Dar información actualizada sobre conceptos básicos: Macronutrientes. Micronutrientes. Anti nutrientes. Xaxún.
· Poñer en valor a información que nos proporciona o corpo coas súas sensacións para estar máis saudables.
· Axudar a integrar os coñecementos na nosa vida cotiá.