O pasado mes de setembro ATEGAL participou no I Congreso de Economía Prateada de Mérida. Alí expuxemos o modelo que levamos defendendo desde hai máis de 40 anos, no que a persoa é o centro e o seu benestar o noso principal obxectivo.
Froito da nosa presenza, La Voz de Galicia decidiu profundar no sector da economía prateada cunha entrevista á nosa directora Paula Sande. Nela, charlamos do dereito á xubilación -que non obrigación-, dos nosos socios e socias, e da nova oferta cultural e de lecer que presentamos este ano.
O certo é que nesa meta de poñer ás persoas no centro do noso traballo está tamén adaptarnos ás súas necesidades. Por iso, este ano estreamos novas actividades, máis saídas culturais e novos proxectos de innovación, como a nosa plataforma de formación en liña ou as Aulas +Social.
Le aquí a entrevista ao completo e non perdas o tempo. Forma parte da familia ATEGAL!