ATEGAL arrinca o curso cunha axenda cargada de accións e, sobre todo, con moitas ganas de facer cousas. Esta enerxía non é exclusiva das aulas, as persoas queremos recuperar o tempo despois do último ano.
De feito, agora que acabamos de abrir a etapa de matriculacións estamos a atopar un modelo de persoas esperanzador. A maioría de persoas que aparecen pola nosa porta acaban de xubilarse e buscan seguir activos, aprendendo, coñecendo xente, viaxando. Isto lévanos a pensar en como nos estamos facendo maiores, e precisamente diso convidáronnos a falar na revista Entremayores.
A nosa directora Paula Sande pregúntase: É necesario aprender a ser maior?
Podes ler esta reflexión repleta de argumentos, sentimentos e experiencia para achegarche a termos como a ‘xerontoadolescencia’.