Este é un texto de reflexión que redactaron as nosas coordinadoras para pechar este curso tan especial.
Por Macarena, Marisa, Montse, Carolina, Fátima y Cruz.
Somos as coordinadoras de ATEGAL Aulas Sénior de Galicia e escribimos estas letras para contarlles que para os alumnos/as das nosas sedes tamén é fin de curso. E cremos que quizá lles pode resultar interesante a súa historia, xa que para eles que teñen entre 50 e 90 e tantos anos tamén foi un ano duro. Pero non quixeron faltar ás súas actividades e clases.
Desde outubro asistiron en modalidade en liña pola plataforma moodle, como as que teñen moitos colexios e institutos aos que asisten os seus netos. Unha ferramenta que Ategal facilitoulles con clases de idiomas, arte, memoria, informática, conferencias e eventos. Desde abril puideron asistir tamén ao streaming, en liña e presencial, os primeiros pasos do noso reencontro.
Salvando a chamada fenda dixital lanzáronse ao portátil, conexión webcam e micro para asistir semanalmente ás súas clases e ver aos seus compañeiros e profesores. Está claro que botan de menos verse presencialmente, pero para moitos a xanela da plataforma foi estupenda e aínda que esperan que no próximo curso xa se poidan ver con normalidade cos seus compañeiros e profesores tamén queren que se manteña esta ferramenta dixital con algunha actividade como club de lectura ou o café virtual. Descubrimos unha nova forma para seguir mantendo o vínculo creado con outros compañeiros e profesores de diversos puntos de Galicia que sen este medio virtual non fose posible.
Este é un pequeno resumo da historia que vivimos estes meses. Quizais non sexa do seu interese, pero desde logo que supuxo unha revolución na vida de moitas persoas. Se escoitamos a voz das persoas que hai en nosas mesmas cidades, creo que calquera alumno estaría encantado de contar a experiencia única que viviu este ano.