Majo Fares, Psicóloga de ATEGAL.
Desde Ategal sempre traballamos para capacitar ás persoas maiores nas tecnoloxías e promover a alfabetización dixital. Coa pandemia vimos que estas accións supuxeron que os nosos asociados puidesen afrontar o confinamento desde outra maneira, coas competencias necesarias para comprar en liña, comunicarse, formarse, etc. Conseguímolo e estamos orgullosos/as.
Agora ben, esta situación pandémica tan inusual serviu de acelerador da dixitalización da banca.
Pensamos que a aposta pola dixitalización da banca está a deixar de lado no sistema financeiro ás persoas maiores, un colectivo con dificultades no uso da tecnoloxía, xa que moitos deles/as non recibiron formación, non teñen un acceso adecuado a Internet pois moitos viven en poboacións pequenas con mala cobertura.
Este proceso de dixitalización vai acompañado dun peche progresivo das sucursais bancarias.
E para engadir máis leña ao lume, este proceso de dixitalización vai acompañado dun peche progresivo das sucursais bancarias, o que deixou a moitas localidades sen ningunha oficina. A situación xa ten nome, coñécese co concepto de exclusión financeira. Ademais, os seus habitantes carecerán de alternativas para elixir a entidade que máis lles convén.
Sen esquecer que a nova paisaxe do sector financeiro implica cidades con menos oficinas, ás que non poderás entrar sen cita previa e con determinados horarios segundo a tipoloxía de xestións que vaias realizar.
Así se cobren as necesidades de todas as persoas?, a resposta é contundente, non. De feito, eu persoalmente teño unha anécdota cunha entidade bancaria, que se a recordo enfádame profundamente, resúmovolo: acompañando a un familiar en cadeira de rodas, ninguén da entidade axudounos a entrar na oficina e fomos atendidos en plena rúa. Evidentemente, fixemos reclamación por escrito pero a situación nesa entidade é a mesma, seguen sen adaptar a entrada. Pensándoo ben, para que o van a facer?, se a idea é que non acudamos ás oficinas.
Os bancos buscan optimizar a rendibilidade do cliente e a súa función xa non é responder o cliente, senón que pretenden vender produtos financeiros
Por último, e non por iso menos importante, outro hándicap aínda máis xeneralizado: a falta de atención personalizada. “Os bancos buscan optimizar a rendibilidade do cliente e a súa función xa non é responder o cliente, senón que pretenden vender produtos financeiros”. É dicir, só somos un número. O negocio bancario non é o de outrora, iso está claro.
E ti, que opinas? Que experiencia tes coa túa entidade bancaria? Crees que este proceso de dixitalización pode adaptarse ás persoas?