Cada unha das palabras que posuímos defínennos. E é que é evidente que o ser humano é un ser social, necesita comunicarse cos demais e consigo mesmo. Por iso, a lectura é esencial para a nosa vida.
A escritura -e, por tanto, a lectura- marca o inicio da nosa historia. Porque nada nos define máis que este diálogo que nos permite comprendernos e conectar, mesmo, creando pontes no tempo. En ATEGAL coñecemos o valor desta arte, e así queremos transmitilo neste Día do Libro. Os nosos alumnos e alumnas quixeron ordenar e xuntar todas esas palabras que nos definen para expresar o que os libros lles fan sentir.
Rosa Trigo subliña o papel que a lectura tivo ao longo da súa vida: “Ler foi ao longo da miña vida basee esencial para a adquisición de coñecementos que contribuíron a min desenvolvemento intelectual, profesional e persoal”. Porque ler é sinónimo de crecemento, de oportunidades, de lecer. E, de feito, Carmen Suanzes sente que a lectura é absorbente, fai perder a noción do tempo: “Que supoña un tremendo amolo que che interrompa unha chamada telefónica ou que teñas que deixalo cando estás no mellor porque tes outras obrigacións. Ese é o momento que che dis a ti mesma: só un capítulo máis e logo farei o que sexa…”.
Ata tal punto chega este diálogo a través da lectura que Puri Méndez asegura: “Un libro é a mellor compañía que podemos gozar”. Porque “a lectura transpórtanos, fainos rir, chorar, trasládanos a lugares máxicos, ábrenos a mente e o corazón”, confesa Estrela.
Carmen Bouza adora ler. Estívoo facendo moito desde que empezou a pandemia e, mesmo, chegouse a converter nun refuxio. “En pleno secuestro da nosa liberdade por mor da pandemia, tiven a oportunidade de integrarme no Club de Lectura virtual de Ategal”. Un día á semana conectaba con alumnos e alumnas de todas as nosas sedes para reflexionar xuntos, rir, viaxar desde as súas casas, comprender a vida. “A lectura volve ser unha vía de escape satisfactoria #ante a crúa realidade e un goce dos sentidos”.
Ler fainos libres, dános poder, fainos vivir.
Lean libros,
nuevos o viejos
Lean palabras
Lean silencios
Lean miradas
Lean gestos
Lean sonrisas
Lean lágrimas
lean miedos
Lean las manos
Lean los sueños.
Por favor lean,
Sacudan el muermo.
Carmen Ropero.