Tras a Semana Santa, ATEGAL abre de novo as súas portas e renova a actividade presencial. Coa redución das restricións que se espera despois das festividades, a nosa asociación prevé retomar as aulas. A condición de que a situación sanitaria non indique o contrario, os nosos alumnos e alumnas poderán volver participar nas súas clases.
ATEGAL e os nosos socios e socias fixemos un profundo exercicio de responsabilidade durante todo este tempo. Con todo, é hora de volver atoparnos para seguir adiante. Sempre con todas as medidas sanitarias, demostramos que a precaución e a seguridade é o primeiro. De modo que damos este paso firmes e esperanzadas para que sexa o definitivo.
Desde as aulas consideramos que co avance no proceso de vacinación e o minucioso traballo das nosas coordinadoras, esta é unha volta máis segura. Por iso, a ti que formas parte desta familia, convidámosche a que volvas connosco.
Pronto as nosas coordinadoras anunciarán un plan específico para que cada sede abra as súas portas da forma máis segura. Podes poñerche en contacto con elas para resolver calquera dúbida e estar pendente das últimas noticias.
Somos conscientes dos estragos que está a provocar a situación actual. E do necesario que é o noso traballo neste sentido. Debemos volver a socializar, a traballar coa nosa mente, exercitar o noso corpo, divertirnos e gozar da vida. Esta é unha aposta por unha nova normalidade, pero, sobre todo, polas persoas. Tamén por ti.
Estamos a desexar volver mirarnos aos ollos, e intuír ese enorme sorriso que se esconde baixo nosas máscaras. Vémonos pronto!