A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado visita a nosa sede de Santiago de Compostela para falar sobre Voluntariado Galego.
A propósito das novas axudas aprobadas pola Xunta de Galicia para entidades de acción voluntaria, Pichel achégase ata as nosas aulas para coñecer o labor que realizamos.
ATEGAL é pioneira na creación de grupos motores de voluntariado sénior, máis desde a posta en marcha de noso proxecto Aulas +Social. Unha iniciativa financiada pola Fundación La Caixa coa que pretendemos acompañar en todo momento ás persoas maiores e conectalas cos servizos que necesitan. O corazón deste programa son os grupos de voluntarios de cada unha das nosas sedes que servirán para xerar esas relacións.
Porque non hai idade para contribuír á sociedade e devolver o que as persoas nos han dado ao longo de toda a nosa vida. A participación social é unha das claves do envellecemento activo e serve para empoderar ás persoas que habitualmente son silenciadas.
ATEGAL recibe con orgullo este interese e comprometémonos a seguir traballando polos e as maiores de Galicia.