Extra, extra! ATEGAL lanza a súa nova revista. Os socios e socias atoparon un espazo para expresarse e compartir os seus intereses. Trátase dun proxecto coordinado por un grupo de alumnas da USC que están a realizar as súas prácticas na nosa asociación.
Durante a súa estancia nas Aulas, poderedes ler textos que desenvolveron os nosos alumnos e alumnas. Nesta primeira edición, o Día da Muller ocupa a temática central, aínda que tratado desde a literatura, opinión ou, mesmo, o horóscopo.
Esta iniciativa pretende ofrecer un espazo para empoderar ás persoas maiores. Aquí falan en primeira persoa do que lles interesa, comparten consellos e reflexionan sobre o que aprendemos nas aulas. Con todo, leste é un espazo aberto a todas as persoas maiores, polo que se queres pasar de ler as súas páxinas para aparecer nelas podes escribirnos a comunicacion@ategal.com
Temos que agradecer esta aventura a María San Martín López e Lorena Suárez Sánchez, alumnas do grao de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela.
E agora, xa sabes, non te perdas a nova revista de ATEGAL!