Sen dúbida, os tempos que estamos a vivir fannos ser máis conscientes da importancia da nosa vontade á hora de coidarnos, sen saír da casa e en moitas ocasións, en solitario.
Estas circunstancias excepcionais poñen a proba a nosa saúde mental, así saber lidar coa tensión, a ansiedade, etc., seranos máis sinxelo se practicamos algunha actividade física.
Desde logo, é nosa gran aliada pois nos proporciona sensación de benestar e relaxación. Ademais, podemos presumir ante as amizades e familiares do noso superpoder de autocuidarnos.
Ao facer exercicio liberamos endorfinas, a “hormona da alegría”, que nos axuda a relaxarnos e reducir a tensión
Realizar unha actividade física diariamente achega un gran número de beneficios á nosa saúde. Os estudos científicos así o demostran, desde mellorar a nosa forma física, pasando por evitar enfermidades, manter un peso saudable e ata mellorar a nosa saúde mental.
Beneficios do exercicio diario
- Mellora a nosa forma física
O exercicio físico diario mellora a nosa forma física en xeral. Dependendo do tipo de adestramentos ou de actividade física que realicemos melloraremos en: saúde cardiovascular, potencia, forza, flexibilidade, coordinación… Cun programa de traballo específico e rutinas, conseguimos traballar e ir mellorando en todos estes aspectos. E xa sabedes que en Ategal contamos con profesionais expertos como Fátima Paz, sen ir máis lonxe.
- Diminúe o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares
A práctica regular de exercicio físico non só prevén a aparición de problemas cardiovasculares, senón que axuda a tratar os factores de risco de enfermidade cardiovascular cando estes están xa presentes, como a diabetes, a hipertensión, etc.
- Diminúe as lesións e prevén caídas
Realizar exercicio a diario e manter unha boa forma física permite unha diminución das lesións, tanto na realización de actividades deportivas como nas actividades da nosa vida diaria (facer a cama, agacharnos, desequilibrios…). Manter un ton muscular adecuado e uns bos hábitos posturales que evitarán doenzas e lesións.
- Dános vitalidade e fainos estar activos
A o realizar exercicio físico libéranse endorfinas, as denominadas “hormonas da felicidade”. Tras a actividade física os seus niveis aumentan no noso organismo, producíndonos unha sensación de benestar e enerxía que nos axuda a afrontar mellor nosas actividades diarias.
- Protéxenos doutras enfermidades
Cada vez máis estudos científicos correlacionan a actividade física cun mellor comportamento do noso sistema inmune.
Concluíndo, facer exercicio físico a diario debe formar parte da nosa rutina. Por iso, animámosvos a camiñar a boa marcha, realizar bicicleta estática, desprazarnos pola cidade ou barrio andando, subir polas escaleiras, participar nas nosas clases de ximnasia en liña… calquera opción é válida. Non hai escusas, hai que moverse!