“Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”, Eduardo Galeano
O 5 de decembro celebrouse o Día do Voluntariado, unha cita para agradecer o esforzo de persoas anónimas para construír un futuro mellor. Moitas veces invisibles, estes voluntarios e voluntarias dedican miles de horas a labores tan necesarios para a nosa sociedade como o coidado, a protección de dereitos ou o acompañamento.
Tamén foi un día para recoñecer a solidariedade das entidades que poñen en marcha estes proxectos esenciais. Xunto ao voluntariado representan un motor de cambio para o noso modo de vida.
Por suposto, as persoas maiores non son alleas a todo iso e asumen o seu compromiso coa sociedade. Desde ATEGAL como asociación somos testemuñas e partícipes deste reto e tanto as nosas coordinadoras como os socios e as socias non quedan atrás. Por iso, non podemos deixar de darlles as grazas!
Así quixo facelo tamén a plataforma de Voluntariado Gallego, que dedicou un emotivo vídeo a estes e estas protagonistas.
¡Estos son os nosos vídeos!