Un venres 14 de decembro de hai 30 anos, 1990, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas tomou a decisión de mirar ao futuro partindo do pasado. Este día designouse o primeiro de outubro para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, co obxectivo de subliñar a súa valía e fomentar a participación que lles pertence na sociedade. Desde entón, o colectivo sénior ha aproveitado o 1 de outubro para reivindicar o espazo que merecen, e que a sociedade necesita que se lles recoñeza.
A poboación mundial alonga cada vez máis a súa lonxevidade, e facerse maior non é igual agora que fai vinte anos. Galicia experimenta ambas revolucións actualmente. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, o 25% dos galegos e as galegas superan os 65 anos, e a tendencia reproduce esta dinámica. O que supón que cada vez hai unha poboación máis maior nesta rexión, pero tamén máis activa. As Aulas Sénior de Galicia somos o exemplo perfecto de empoderamento. Veciños e veciñas de máis de 55 anos en toda Galicia desenvolven nesta asociación un proxecto novo de vida no que traballan un envellecemento activo, melloran as súas competencias tecnolóxicas ou participan con empresas en proxectos de innovación. Estas persoas demostran que non son verdadeiros os prexuízos que se teñen sobre a idade. Somos un colectivo diverso, como calquera outro, hai todo tipo de persoas, e non podemos ser reducidos a un número; a idade.
Nin sequera a pandemia do coronavirus puido con ese espírito activo das persoas maiores. Aínda que por unha vez eran protagonistas de case todas as noticias, non o foron como reclaman. Con todo, a nosa experta en xerontoloxía Majo Fares asegura que serviron de exemplo para toda a cidadanía: “Foron un colectivo que afrontaron esta pandemia dunha maneira espectacular, foron responsables, preocupáronse e agora queren volver a esa nova normalidade. A facer actividades desde un lugar seguro, como todos, non somos tan distintos”.