En vista das últimas medidas anticovid comunicadas polas autoridades, Ategal tomou a decisión de pospoñer o inicio da actividade presencial para garantir a seguridade de todos vós. Como sabedes, o noso traballo é velar sempre polo ben das persoas maiores; desde a súa dignidade, a súa independencia, o seu desenvolvemento vital e, por suposto, a súa saúde. Por iso, e agora máis que nunca, debemos seguir traballando por vós. De tal modo, ATEGAL quere facer público o seguinte comunicado oficial:
Estimadas alumnas e alumnos de ATEGAL.
Segundo as últimas noticias e á vista da evolución da situación epidemiolóxica e
sanitaria e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, seguindo as
recomendacións do DOG do 23 de outubro ORDE de 21 outubro de 2020 pola que
se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución
da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
e as recomendacións do BOE publicado hoxe, 25 de outubro, que nos indican
que a actividade formativa de ATEGAL pode seguir desenvolvéndose coas normas de seguridade
que xa temos implementadas nas nosas sedes, decidimos apelar á
prudencia e non abrir ao público as actividades presenciais.
Por este motivo, a Xunta Directiva da Asociación Cultural Galega de Formación
Permanente de Adultos decidiu pospoñer o inicio das clases presenciais durante
polo menos 15 días e sempre atentos ás indicacións das autoridades sanitarias.
Lamentamos as molestias que podamos ocasionar, as decisións foron tomadas
apelando ao “ sentidiño” que todos temos e polo ben común que é a nosa máxima,
pois coidar de todos e cada un de nós é coidar de ti. Estaremos á vosa disposición
no noso horario de oficina para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir e para seguir
acompañándovos nestes momentos de incerteza.
Grazas polo voso incondicional apoio e estamos seguros de que xuntos superaremos esta etapa,
como a gran familia que somos.
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2020.