Se algo demostran as Aulas é que a idade non é ningún límite. Alumnos e alumnas de ATEGAL participaron no proxecto Asiste, unha iniciativa que pon a tecnoloxía ao servizo do coidado. Este proxecto supón unha colaboración entre a Xunta de Galicia e a empresa Minsait ( Indra), que se apoian na nosa asociación a través do SeniorLab.
Algúns socios e socias de ATEGAL equipáronse cunha pulseira smartwatch que permite, a través dunha aplicación móbil, controlar a frecuencia cardíaca, os pasos que se dan, a axenda de actividades ou os avisos de medicación. Trátase dunha innovadora ferramenta que conecta aos maiores coa súa persoa de confianza para asegurar o mellor coidado. Nesta fase de proba, alumnos e alumnas como Manuela Barbeito han testado como funcionan tanto a pulseira como a aplicación co obxectivo de detectar os puntos fortes e débiles do proxecto. Todo un exemplo de empoderamento. E é que as persoas maiores teñen moito que dicir, é hora de contar con eles e elas para tomar as decisións que lles incumben.
Esta iniciativa captou a atención dos medios de comunicación. Aquí podes ler as noticias que publicaron tanto La Voz de Galicia como La Región.