Aulas + Social nace co fin de acompañar e apoiar na conquista de todas as etapas da vida, a través dun espazo físico de referencia, dun profesional con novas competencias e dun grupo motor conformado por socios e socias voluntarios/as de Ategal.
O obxectivo é conectar persoas e recursos, problemas con solucións, necesidades con posibilidades e expectativas con respostas, favorecendo a inclusión “neste novo modelo de envellecemento”. Entendémolo como un modelo de innovación social.
Aulas + Social é un espazo máis de Ategal, que outorga ao concepto de educación unha dimensión social.
Este é un proxecto que Ategal leva tempo traballando e que foi posible levar a cabo grazas ao cofinanciamento da Fundación «la Caixa»