Aínda que a Asociación leva 45 anos desenvolvendo proxectos para a promoción do envellecemento activo en clave da saúde e do benestar a través dun potente modelo (Aulas Senior) que xira arredor da aprendizaxe permanente ao longo da vida, na actualidade é necesario reformular este modelo.
Esta necesidade xorde porque detectamos, no día a día, a que as persoas maiores evolucionan de forma diferente; deben afrontar novos escenarios non esperados, con cambios moi rápidos en pouco tempo e que provocan inseguridades non previstas, para as que debemos buscar novas respostas.
O mundo enteiro envellece e os nosos socios e socias tamén.
Se falan de nós que somos a súa familia elixida, imos mirar cara outro lado cando non poden pertencer á entidade, alo menos como ata o momento actual?
¿que habilidades e competencias ten que ter o profesional que atenderá a esta nova xeración de persoas?
En Aulas Senior traballamos estes retos en reunións periódicas cos alumnos, cos familiares e tamén cos profesionais de empresas que atenden a persoas maiores.
Queremos construír entre todos un modelo de envellecer diverso, que atenda ás novas necesidades e sexa referente no proceso de cumprir anos adaptativamente e continuar traballando para garantir o bo trato cara as persoas maiores.
Aulas + Social nace co fin de acompañar e apoiar na conquista de todas as etapas da vida, a través dun espazo físico de referencia, dun profesional con novas competencias e dun grupo motor conformado por socios e socias voluntarios/as de Ategal.
O obxectivo é conectar persoas e recursos, problemas con solucións, necesidades con posibilidades e expectativas con respostas, favorecendo a inclusión “neste novo modelo de envellecemento”. Entendémolo como un modelo de innovación social.
Aulas + Social é un espazo máis de Ategal, que outorga ao concepto de educación unha dimensión social.
Este é un proxecto que Ategal leva tempo traballando e que foi posible levar a cabo grazas ao cofinanciamento da Fundación “la Caixa”