A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos é unha Entidade de Acción Voluntaria dende o ano 2019 co número de rexistro O-867.
Está nos obxectivos da entidade o poñer en valor o talento senior así como promover actividades interxeneracionais que eduquen en contra a discriminación por temas de idade. Estes obxectivos son os principais do programa de Voluntariado Senior que se desenvolve anualmente na entidade.
Un grupo de 28 persoas maiores da entidade exercen como:
• voluntarios culturais: impartindo seminarios, deseñando saídas e visitas culturais e dinamizando os eventos culturais que se organizan ao longo do curso académico
• Formando e axudando coas tarefas escolares a rapaces que o precisan, ben porque son coñecidos ou derivados da Unidade de Migracións do Concello de Santiago
• Profesor de pintura no Obradoiro de pintura interxeneracional , todos os luns na sede de Santiago
• Voluntarios sociais, acompañando a persoas ao médico, consultas xurídicas ou necesidades demandadas.