ATEGAL Senior Lab #SeniorLabAtegal o único Lab onde os protagonistas son as persoas maiores, os que acumulan coñecementos, experiencias e talento e queremos que traballen man con man coas empresas que están pensando neles como destinatarios dos seus produtos e/ou servicios.
Isto o estamos a realizar dende hai 5 anos coa administración e as universidades, neste curso estamos en ACTIVAGE da man de Cruz Vermella, no Simpático coa Xunta de Galicia, etc.. agora queremos facer deste proxecto que naceu en ATEGAL un proxecto global, onde todos teñamos cabida e que as empresas privadas nos teñan en conta para deseñar os produtos de abaixo a arriba, contando coas persoas dende o comezo, non só traballando para as persoas e onde as persoas maiores participantes reciban unha recompensa polo seu tempo e coñecemento.
Temos claro que as persoas se xubilan do traballo pero non da vida, que aínda que só sexa por estatística a sociedade non pode prescindir do 35% da poboación e que Galicia é o escenario perfecto para facerlle fronte aos dous retos que temos agora mesmo: a revolución tecnolóxica e a revolución da lonxevidade.
Para iso nos presentamos en xuño este proxecto á rolda de financiamento proposta dentro da primeira aceleradora de Economía Social impulsada polo IGAPE da Xunta de Galicia. Es Conecta.
Proxecto Simpático. (SIMPATICO. SIMplifying the interaction with Public Administration Through Information technology for Citizens and cOmpanies) no que participan a Comunidade de Trento (Italia), o Concello de Sheffield (Reino Unido) e a Xunta de Galicia como socios representantes das administracións públicas. O obxectivo do proxecto SIMPATICO é acercar as administración públicas á cidadanía a través de servicios online amigables (e-administration).
ATEGAL, como entidade galega representativas do ámbito das persoas maiores, é unha das responsables de testar os resultados e impactos das ferramentas desenvolvidas no marco do proxecto SIMPATICO
Máis información en www.simpatico-project.eu
Proxecto ACTIVAGE de Teleasistencia Avanzada en colaboración con Cruz Vermella.
Máis información en www.activageproject.eu