Este ano celebramos o 1 de outubro, Día Internacional das Persoas Maiores, dun xeito moi especial.
En colaboración co Colexio La Salle en Santiago, a xoguetería Chafaris, a empresa de innovación educativa Vermislab e os alumnos e alumnas de ATEGAL tivemos unha xornada festiva e educativa pola mañá, onde nenos e maiores xogaron, riron e gozaron xuntos da ciencia, da robótica, dos xogos de mesa e descubriron que poden aprender xuntos!
Acompañounos a Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Dona Fabiola García e o Director Xeral de Maiores e Discapacidade D. Ildefonso de la Campa. Grazas a todos resultou emocionante.
Pola tarde seguimos de celebración cunha visita guiada polo casco histórico de Santiago e cun concerto”improvisado” de maiores na Praza de Praterías, acompañados da Coral de A Rocha