(Víctor Sariego, 22/03/2019).- A Confederación Española de Aulas de la Tercera Edad (CEATE) e a súa entidade asociada, as Aulas Senior de Galicia (Ategal) celebran en Vigo un curso de formación para directivos e directivas especializado no ámbito das persoas maiores e do Terceiro Sector.
Ao foro vanse sumar, por outra banda, personal técnico de entidades de maiores de Galicia que son referentes no seu labor.
O evento está organizado por Ategal e CEATE en colaboración coa Obra Social ‘la Caixa’ que, de feito, trae ao foro ao seu director estatal do Programa de Mayores da entidade, Javier Yanguas. Colaboran tamén o IMSERSO, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia.
A xornada contará, na tarde, cuhna xornada aberta á participación das persoas maiores ás que Ategal e CEATE queren darlles voz, fomentar a súa participación e analizar con elas as conclusións xeradas no curso.
Será o vindeiro martes 26 de marzo a partires das 10.00 horas na Casa da Cultura Galega (Princesa, 2) de Vigo e contará con ponentes de excepción como o mencionado director do Programa de Mayores de la Obra Social ‘la Caixa’, Javier Yanguas e o experto e profesor de psicoloxía evolutiva da USC, David Facal (enviamos programa como documento adxunto).
Facal abordará o envellecemento como oportunidade. En concreto das novas persoas maiores e do novo modelo de envellecemento activo.
Yanguas falará de aillamento e soidade nas persoas maiores.
Participación das persoas maiores
A directora de Ategal, Paula Sande, e o secretario xeral de CEATE, José Luis Jordana participan na serán nunha mesa redonda, aberta ao público, que vai buscar a participación e darlle voz as persoas maiores, convertilas en protagonistas, solicitar a sua opinión e analizar con elas as conclusións da xornada profesional da mañá.
Ategal repasará ademáis os 40 anos que, como entidade, leva dedicados á formación permanente de persoas maiores en Galicia. Conmemoración á que se vai unir CEATE.