(Víctor Sariego, 24/2/2019).- Ademáis da amplia oferta de formación nas áreas cultural, ocupacional, TIC e de saúde, as aulas de Ategal están celebrando durante todo o curso –e coa colaboración do seu alumando–, diversos proxectos en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e outros ámbitos tecnolóxicos nunha clara demostración de que o saber, a cultura, e a formación non é cuestión de idade e que, sobre todo, o talento senior, a vontade das persoas maiores de Ategal poden con calquer idadismo e estereotipo.
Entre os proxectos salienta o “Neuronup e estimulación cognitiva on line” que este ano está a desenvolver a súa terceira eidición en Ategal Padrón, Ategal Vigo, Ategal Santiago e, como novidade neste ano, tamén en Ourense. O plan pode realizarse coa colaboración da Obra Social ´la Caixa´ e consiste en varios obradoiros de estimulación cognitiva e desenvolvemento persoal, con carácter presencial complementados cos dispositivos de estimulación cognitiva a través do ordenador. Nesta ocasión, usando de xeito pioneiro en estimulación cognitiva a ferramenta innovadora NEURON UP, conseguiuse integrar as TIC na actividade diaria nos centros de Ategal así como introducir unha ferramenta útil de promoción da autonomía persoal e evitar o illamento social.
Máis información neste enlace directo sobre a terceira edición de NeuronUp, patrocinado pola Obra social ´La Caixa´actualmente en curso nas aulas de Ategal.
Outros proxectos
“Smart ATEGAL Ageing On way” en colaboración coa Fundación Vodafone España. O proxecto desenvolveuse en 40 seminarios dende o mes de decembro de 2017 e rematou en marzo de 2018. Os destinatarios foron máis de 500 persoas de 50 anos en adiante de Galicia que teñen o interese en estar ao día no uso e manexo das novas tecnoloxías, entender e sacarlle o máximo partido aos teléfonos intelixentes e/ou as tabletas dixitais. Este proxecto desenvolveuse nas sedes de ATEGAL pero tamén na rede de centros sociocomunitarios da Xunta de Galicia, centros de día e residencias.
“SeniorLabAtegal” un laboratorio de innovación para abordar as oportunidades e/os desafíos que o fenómeno do envellecemento trae consigo desde un punto de vista diferente, dándolle todo o protagonismo ás persoas maiores e que sexan elas os que indiquen o camiño no que teñen que traballar entidades, administracións e empresas, para construír o futuro da comunidade.
“Nesplora”, co-financiado polo programa para a innovación e investigación H2020 da Unión Europea. Os nosos alumnos testaron un prototipo en realidade virtual para a detección de problemas de atención. É innovador e pode dar un perfil cognitivo atencional e de movemento completo gracias a realidade virtual. Participaron máis de 200 alumnos de Ategal (A Coruña, Santiago, Ferrol , Padrón e Ourense, Ferrol ).
“Simpático” (SIMplifying the interaction with Public Administration Through Information technology for Citizens and cOmpanies) no que participan a Comunidade de Trento (Italia), o Concello de Sheffield (Reino Unido) e a Xunta de Galicia como socios representantes das administracións públicas. O obxectivo do proxecto SIMPATICO é acercar as administración públicas á cidadanía a través de servicios online amigables (e-administration). ATEGAL, como entidade galega representativas do ámbito das persoas maiores, é unha das responsables de testar os resultados e impactos das ferramentas desenvolvidas no marco do proxecto SIMPATICO.
Xornada experimental de Robótica interxeneracional ou primeira experiencia ROBOBO interxeneracional entre maiores e nenos de primaria, algo novidoso tanto para os rapaces como os adultos, a complicidade do e o traballo en equipo, reforzan o interese neste tipo de actividades. ROBOBO EDUCATIVO, é un proxecto educativo para enriquecer a educación introducindo a robótica, e foi o gañador da primeira convocatoria a emprendedores da Fundación Vodafone España no marco do convenio coa Xunta de Galicia, Connecting for Good Galicia.