(Víctor Sariego, 29/11/18).- O alumnado de Ategal Santiago visitou recentemente o cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre” que está exposto no Museo Gaias, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, dende o pasado 3 de outubro.
Trátase dunha gran oportunidade de contemplar e coñecer a gran historia desta pintura e os motivos que levaron ao seu autor a pintalo.
Paradoxalmente, é a primeira vez que se pode contemplar a obra en Galicia. Castelao pintou o cadro en 1945 no exilio. Dende entón permaneceu en Bos Aires ata o mes pasado.
Esta obra está considerada o “Guernica galego” pola súa defensa da educación a ultranza e a repulsa ao fusilamento do galeguista Alexandre Bóveda coa intención que o pintou a seu autor.
Máis información sobre o cadro e sobre o seu autor neste enlace directo.