O Ano Castelao 2016 conmemora tres efemérides relacionadas co polifacético autor, artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: o centenario da súa chegada á cidade de Pontevedra, o 75 aniversario da estrea de Os vellos non deben de namorarse, e o Día das Artes Galegas, que este ano 2016 se dedica a este autor.
Ategal Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra propón para o mes de novembro a seguinte programación:
Martes 8 novembro 18:00 a 19:30h
“O tempo de Castelao: introdución e contextualización histórica”
por Dona Aranzazu Herrero.
Martes 15 novembro 18:00 a 19:30h
“Literatura galega:Castelao e amigos I”
por Don Francisco Fernández Ferreiro.
Martes 22 novembro 18:00 a 19:30h
“Arte galega: O tempo de Castelao, arte de aquí e de acola”
por Dona Aranzazu Herrero.
Martes 29 novembro 18:00 a 19:30h
“Literatura galega: Castelao e amigos II” por
Don Francisco Fernández Ferreiro.
Mércores 30 novembro as 18:00h
Adaptación e dramatización de escolma de textos de Castelao por Dona Gloria Rico, xunto coa colaboración de alumnos de Ategal Vigo.
Breve Biografía de Castelao
Alfonso Daniel Rodriguez Castelao nace o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo e morre o 7 de xaneiro de 1950 en Buenos Aires.
Político, escritor e pintor galego, está considerado como o máximo representante do nacionalismo galego de signo progresista. Estudou e licenciouse en Medicina en Santiago de Compostela. Desde os primeiros anos do século XX involucrouse activamente coas correntes políticas rexionalistas e nacionalistas, de xeito que outorgou un importante pulo ó desenrolo do pensamento político esencialmente galego así como á creación dun círculo de intelectuais preocupados pola arte, a literatura e a modernidade.
En 1916 obtén a praza de profesor titular de debuxo na Delegación de Pontevedra.
En 1926 foi nomeado membro da Real Academia Gallega.
En 1936 entrega o Estatuto de Autonomía ao Presidente das Cortes.
Tras o golpe de estado de 1936 exiliouse a Nova York e posteriormente a Bos Aires, onde proseguiu a súa actividade política. Morre na Arxentina no ano 1950 e os seus restos non foron trasladados a Galicia ata 1984.
No ano 1964 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Breve Contexto Histórico: “O Tempo de Castelao”
O contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega de inicios do século XX seguía caracterizándose pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.
Nacen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e alcanzan gran resonancia no campo, como foi o caso da Liga Agraria de Acción Galega.
A toma de conciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á propiedade da terra, unida á evolución do galeguismo cara o nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da lingua galega. O nacionalismo está tan unido ao idioma como a esencia da identidade colectiva, que as súas primeiras manifestacións as constitúen as Irmandades da Fala.
Creadas para a defensa, dignificación e cultivo do idioma, a primeira Irmandade da Fala se funda en A Coruña en 1916. A seguen outras repartidas polas principais cidades e pobos de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago,…)
Para a divulgación do seu ideario crearon un periódico de expresión totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis destacados foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón
Cabanillas, etc. Así en 1925 funda xunto con Losada Diéguez a Coral Polifónica de Pontevedra.
Breve Contexto Literario “Os Amigos de Castelao”
Ao final do século XIX se constata unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico; simultaneamente se patentiza un descenso no nivel do uso oral. A lingua galega non vive aínda unha situación normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais, clases altas e medias, e en ámbitos xeográficos urbanos concretos.
As Irmandades promoveron a elaboración de dicionarios e gramáticas, estudos lingüísticos e reivindicaron a presenza do galego na Administración e na ensinanza. Impulsan a actividade editorial nas principais cidades galegas:
Céltiga en Ferrol, Lar en A Coruña,Alborada en Pontevedra, e moitas outras, ademais de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido Grupo Nós.
A eles únese a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A obra literaria de Castelao, está escrita case íntegra en lingua galega (excepto discursos e artigos, como a colaboración en El liberal de Madrid), está en función da realidade sociocultural galega e dunha función pedagóxica de denuncia, polo que utiliza o humorismo sarcástico ou esperpéntico. Expresou fielmente a súa vontade de
denuncia das inxustizas. Como dramaturgo merece a pena citar a obra Os vellos no deben namorarse (1941).
Breve Contexto Artístico “O Tempo de Castelao: arte de aquí e de acolá”
Os seus debuxos e pinturas testemuñan a mesma posición de realismo crítico que encontramos nos seus escritos, marcados como están uns e outros polo humor e a ironía, ao tempo que pola tristeza e a morriña.
En 1907 publica a primeira corda de Caricato e debuxante da Tuna en Compostela. En 1917 abandonou definitivamente a pintura de gran formato con A tentación de Colombina para entregarse ao debuxo e a obra gráfica. Os seus debuxos entroncan a miúdo coa tradición do gravado popular e se caracterizan por unha acentuada estilización en branco e negro; de feito, gran parte da súa labor de debuxante está esparexida en distintas publicacións periódicas nas que colaborou.
Na súa obra influíron a fotografía, os debuxos satíricos da prensa europea e, en opinión dos críticos máis familiarizados coa súa técnica, a estampa xaponesa. Terá na prensa o seu medio natural para a súa obra
gráfica, onde dende 1922 traballou en o Diario de Galicia. Nos seus debuxos aparecen con frecuencia os principais representantes da paisaxe
de Galicia, como o hórreo que máis tarde sería aceptado como anagrama pola editorial Nós.
Obra literaria
Ensaio
– As cruces de pedra na Bretaña. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1930.
– Sempre en Galiza. Buenos Aires: As Burgas, 1944.
– As cruces de pedra na Galiza. Buenos Aires: Nós, 1949.
– Alba de groria. Buenos Aires: Galicia, 1951.
– Humorismo, dibuxo humorístico, caricatura: conferencia. A Coruña: Real Academia Galega, 1961.
– As cruces de pedra na Galiza. Discurso lido o día 25 de xullo de 1934 no acto da súa recepción pública polo señor Alfonso R. Castelao e resposta de Antonio Villar Ponte. A Coruña: Real Academia Galega, 1964.
Literatura
Debuxos
– Cincoenta homes por dez reás. A Coruña: Nós, 1930.
– Álbum Nós. Madrid: Hauset y Menet, 1931.
– Atila en Galicia: Estampas. Valencia: Comité Nacional de la C.N.T, 1937.
– Galicia mártir. Valencia: Ediciones Españolas, 1937.
– Cousas da vida. Vigo: Galaxia, 1961.
– Milicianos. Madrid: Akal, 1976.
– Debuxos de negros. Conservado no Museo de Pontevedra.
– Cegos: os meus compañeiros. Conservado no Museo de Pontevedra.
Narrativa
– Cousas. A Coruña: Lar, 1926.
– Cousas. Segundo libro. A Coruña: Nós, 1929.
– Os dous de sempre. Santiago de Compostela: Nós, 1934.
– Retrincos. Santiago de Compostela: Nós, 1934.
Teatro
– Un ollo de vidro: memorias d’un esquelete. Ferrol: Céltiga, 1922.
Descárgalo en pdf:
[vc_row][vc_column css=”.vc_custom_1473038219060{border-top-width: 3px !important;border-right-width: 5px !important;border-bottom-width: 4px !important;border-left-width: 5px !important;padding-top: 15px !important;background-color: #5eb1e1 !important;border-left-color: #5eb1e1 !important;border-left-style: solid !important;border-right-color: #5eb1e1 !important;border-right-style: solid !important;border-top-color: #5eb1e1 !important;border-top-style: solid !important;border-bottom-color: #5eb1e1 !important;border-bottom-style: solid !important;}”][news_box style=”2″ title=”Novas en Castelao en ATEGAL. Artes e Letras vivas” display=”category” category=”6″ hc_title=”” hide_dots=”yes” header_background=”#5eb1e1″ header_text_color=”#ffffff”][/vc_column][/vc_row]