Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Visita ao cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre”

27 Novembro, 2018 @ 17:30 - 19:30

O martes 27 de novembro as 17.30 horas o alumnado de Ategal vai visitar o cadro de Castelao “A derradeira lección do mestre” que está exposto no Museo Gaias, da Cidade da Cultura de Santiago.

Podese acudir por medios propios ou coller en grupo o bus urbán (liña 9) na rúa Senra.

Paradoxalmente, é a primeira vez que se pode contemplar a obra en Galicia. Castelao pintou o cadro en 1945 no exilio. Dende entón permaneceu en Bos Aires ata o mes pasado.

Esta obra está considerada o “Guernica galego” pola súa defensa da educación a ultranza e a repulsa ao fusilamento do galeguista Alexandre Bóveda coa intención que o pintou a seu autor.

Máis información sobre Castelao e o seu cadro neste enlace directo. 

 

 

Detalles

Data:
27 Novembro, 2018
Hora:
17:30 - 19:30
Evento Etiquetas:
, ,

Recinto

Cidade da Cultura
Santiago de Compostela,