Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Formación e lecer dixital desde casa

3 Maio, 2021 - 7 Maio, 2021

ATEGAL ofréceche toda unha xanela para gozar da mellor formación e lecer desde a túa casa. A través da nosa plataforma de formación en liña tes acceso a clases en directo das materias que máis che gusten.

Todos os nosos socios e socias teñen acceso ilimitado a un contido en vivo. Pero, ademais, contan con material deseñado e gravado especialmente para eles. Continúa ampliando os teus coñecementos de arte e cultura co noso club de lectura. Nel, conectarás con alumnos e alumnas de toda Galicia para compartir a vosa paixón polos libros.

Tamén podes prepararche para un verán máis seguro coas nosas clases de inglés para viaxeiros. Ou mellorar as túas competencias dixitais en informática. Consulta o noso horario e úneche aos encontros dixitais que máis che gusten.

Pero, ademais, dispoñerás do mesmo lecer e formación na nosa sede máis próxima. Dispós dun espazo físico con todas as medidas sanitarias para gozar do lecer e aprendizaxe máis seguros. Non dubides en poñerche en contacto con calquera das nosas coordinadoras, que poderán acompañarche na túa volta á actividade presencial ou tutorizarte en liña.

A que esperas para sumarche á familia ATEGAL?

Ponte en contacto con calquera das nosas coordinadoras, que poderán acompañarche na túa volta á actividade presencial ou tutorizarte en liña

Details

Start:
3 Maio, 2021
End:
7 Maio, 2021
Website:
https://formacion.ategal.com/

Venue

Plataforma online
View Venue Website