Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

ATEGAL tamén na túa casa

19 Abril, 2021 - 23 Abril, 2021

A nosa coordinadora che está esperando con todas as medidas de seguridade e agarimo. Pero se non te sentes preparado, mantente activo ou activa desde casa

ATEGAL espérache nas aulas, pero tamén na túa casa. Unha oportunidade para gozar dunha formación e lecer ao completo. Como sabes, as nosas portas volven estar abertas para ti. Pero sen esquecer as posibilidades que che ofrece a xanela da internet.

A nosa plataforma de formación en liña segue dispoñible desde a túa casa. Así que conéctache cando queiras e participa nas salas que máis che gusten. Podes unirche ao club de lectura do que forman parte alumnos e alumnas de todas as sedes de ATEGAL. Ponche ao día coa nosa sección de noticias, ou exercita a túa mente coas clases de memoria.

Por suposto, a nosa coordinadora xa che está esperando na túa sede con todas as medidas de seguridade e agarimo. Pero se non te sentes preparado ou preparada, mantente activo ou activa. Contacta coa túa coordinadora e contarache todas as opcións que tes á túa dispoñibilidade!

E se aínda non formas parte de ATEGAL, anímache! Todas as persoas maiores de 50 anos poden unirse para empezar a dar máis vida á vida. Contacta con nós e empeza a gozar de todas as vantaxes de lecer e formación que temos para ti.

A nosa coordinadora che está esperando con todas as medidas de seguridade e agarimo. Pero se non te sentes preparado, mantente activo ou activa desde casa

Details

Start:
19 Abril, 2021
End:
23 Abril, 2021
Website:
https://formacion.ategal.com/

Venue

Plataforma online
View Venue Website