Os invitamos a conocer qué hacemos en ATEGAL https://goo.gl/cZdlUw
Loading...
ATEGAL forma parte dende o comezo da rede internacional StopEdadismo onde queremos concienciar á sociedade e a nosa contorna do que é a discriminación por temas de idade e como a través da educación, a lexislación e as actividades entre xeracións podemos traballar para que loitar contra esta discriminación. Formamos parte do Consello Asesor da primeira estratexia galega en contra do Idadismo e temos en marcha proxectos para visibilizar os microedadismos que temos incorporados no noso día a día e temos que desterrar.
Aínda que a Asociación leva 45 anos desenvolvendo proxectos para a promoción do envellecemento activo en clave da saúde e do benestar a través dun potente modelo (Aulas Senior) que xira arredor da aprendizaxe permanente ao longo da vida, na actualidade é necesario reformular este modelo.Esta necesidade xorde porque detectamos, no día a día, a que as persoas maiores evolucionan de forma diferente; deben afrontar novos escenarios non esperados, con cambios moi rápidos en pouco tempo e que provocan inseguridades non previstas, para as que debemos buscar novas respostas.O mundo...
A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos é unha Entidade de Acción Voluntaria dende o ano 2019 co número de rexistro O-867. Está nos obxectivos da entidade o poñer en valor o talento senior así como promover actividades interxeneracionais que eduquen en contra a discriminación por temas de idade. Estes obxectivos son os principais do programa de Voluntariado Senior que se desenvolve anualmente na entidade. Un grupo de 28 persoas maiores da entidade exercen como: • voluntarios culturais: impartindo seminarios, deseñando saídas e visitas culturais e dinamizando os...